gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

PRESENTACIÓN

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza é unha asociación que carece de ánimo de lucro, polo que os beneficios que obteña por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociación, sen que se poidan repartir entre os asociados/as nin outras persoas físicas ou xurídicas con fin lucrativo.

A asociación rexerase polo artigo 22 da Constitución, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, polo Real decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento do rexistro nacional de asociación e das súas relación cos restantes rexistros de asociación, por estes estatutos e polo regulamento de réxime interno que, de ser o caso, se aprobe, así como polos acordos validamente adoptados na asemblea xeral e órganos directivos dentro da esfera da súa respectiva competencia.

A asociación fixa o domicilio social no Polígono Industrial, Lalín 2000, rúa E sn 36500 Lalín, Pontevedra.E terá como ámbito de actuación preferente o dos concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.