gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

PROXECTOS DE COOPERACIÓN | NOVOS HORIZONTES

Novos horizontes: Impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas producións demandadas polos mercados.

O ámbito no que se van a desenvolver as actuacións deste proxecto, corresponde aos municipios que integran os 12 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) das Comunidades Autónomas de Asturias e Galicia.

O obxectivo xeral é identificar, ensaiar e difundir cultivos tradicionais e novas producións que poidan xerar emprego agrario, conectando estas producións con demandantes de emprego e cos mercados obxectivo.

Os obxectivos específicos son:

  • Identificar e avaliar conxuntamente entre os Grupos asociados, producións tradicionais e novos cultivos con potencial en cada territorio, en función das súas propiedades nutricionais, terapéuticas, cosméticas ou téxtiles.

  • Optimizar en campo procesos produtivos e estudar vías de comercialización dos cultivos identificados, definindo os seus parámetros de produción e interese nos mercados.

  • Identificar conxuntamente entre os Grupos unha “bolsa” de terras ociosas, susceptibles de pórse en produción, animando a súa mobilidade usando como ferramenta os Bancos de Terras autonómicos.

  • Identificar en cada territorio mulleres, mozos, desempregados, colectivos en risco de exclusión e persoas interesadas en incorporarse á actividade agraria.

  • Formular entre todos os Grupos participantes e aplicar metodoloxías integradas de traballo, entre propietarios de terras, os Bancos de Terras autonómicos, agricultores, novos activos agrarios, investigadores, transformadores e comercializadores agrarios e Grupos de Desenvolvemento Rural, animando e facilitando a incorporación á actividade agraria aproveitando os cultivos estudados.

  • Mellorar a información e a formación da poboación sobre as posibilidades dos cultivos tradicionais e outras producións de especial interese, levando a cabo cultivos experimentais en campos de demostración e impulsando a transferencia de coñecementos e tecnoloxías aos produtores desde os centros de investigación.

  • Animar á diversificación produtiva cos cultivos previamente optimizados.

  • Iniciar liñas de traballo duradeiro co sector.