gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

DOCUMENTOS DE SOLICITUDE DE AXUDA

DOCUMENTACION NECESARIA

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDA POR PARTE DO PROMOTOR
O promotor debe formalizar a súa solicitude de axuda, dentro do plazo establecido, na sede do GDR coa entrega por TRIPLICADO do modelo de SOLICITUDE DE AXUDA ao que debe acompañar unha serie de documentos adicionais:

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL (orixinais e 2 copias)

  • Documentación acreditativa da personalidade xurídica do solicitante do solicitante e, de ser o caso, do seu representante legal (NIF, DNI, CIF).
  • Declaración censal tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio da actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
  • Tratándose de persoas xurídicas, escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, debidamente inscritos no rexistro competente
  • Últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual na que figure o nº de empregados, o balance anual e volume de negocio do último exercicio pechado. Informe da vida laboral da empresa emitido pola Tesouraría xeral da seguridade social referido ao ano anterior ao de presentación desta solicitude
  • Declaración doutras axudas concedidas e/ou solicitadas segundo o modelo normalizado MODELO DECLARACIÓN DOUTRAS AXUDAS
  • Orzamento detallado dos gastos necesarios para execución do proxecto segundo o modelo normalizado MODELO ORZAMENTO DETALLADO,con indicación das partidas que supoñan unha achega en especie ou aportación de medios humanos propios.
  • Plan de empresa segundo modelo normalizado. MODELO RESUMO DE PROXECTO E PLAN DE EMPRESA.
  • Para cada gasto proposto superior a 12.000€ no caso de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas se consultaría ou asistencia técnica (ou 30.000€ no suposto de obra civil) débese cubrir o modelo da RELACIÓN DE OFERTAS SOLICITADAS E ELIXIDAS.
  • Plan de xestión segundo o modelo normalizado no caso de proxectos non produtivos. MODELO PLAN DE XESTION PROXECTOS NON PRODUTIVOS
  • Certificado da AEAT do réxime de aplicación do IVE, no suposto de que solicite exención.
  • Código de explotación agraria no suposto de investimentos no sector agrario.
  • Certificación da entidade financeira na que conste o número da conta onde desexa percibir a subvención.
  • Calquera outra documentación ou informaci´pon que o interesado considere interesante para a análise do proxecto.

DESCARGAR PROCEDEMENTO Solicitude de axuda pdf