gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CONVOCATORIAS DE AXUDAS

Nova Convocatoria Axudas convocatoria axudas pdf

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, en reunión da Xunta directiva, celebrada o día 3 de xuño de 2014, aprobou entre outros o seguinte acordó.

  • Apertura da Convocatoria para a presentación de solicitudes de axuda do programa Leader Galicia 2007-2013, Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza. Anualidades 2014 e 2015.

  • Prazo de solicitude: O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o día 13 de xuño de 2014 e rematará o 31 de marzo de 2015 (ou no momento no que se comprometan os fondos dispoñibles).

  • Ámbito de actuación: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

  • Réxime de axudas: RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, do director xeral de Agader, pola que se aproba o novo marco financeiro do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se modifican as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento de entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, aprobadas polo Acordo do Consello de Dirección de Agader do 30 de maio de 2008.

  • Dotación orzamentaria:
    2014: 359.435,17 €
    2015: 440.564,83 €
    O importe dispoñible desta nova convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir as resolucións de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.

  • Lugar e forma de presentación:
    Os promotores deberán presentar a documentación correspondente, no rexistro das oficinas da ADR Terras do Deza.

  • Máis información:
    Asociación Desenvolvemento Rural Terras do Deza
    Polígono Industrial Lalín 2000. Rúa E.sn 36500 Lalín Pontevedra
    Tel. 986 794463 / email. info@gdrterrasdodeza.com