gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CAMIÑO DE SANTIAGO

A VÍA DA PRATA

É o camiño xacobeo galego de maior percorrido. Pasa por terras das provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña, cruzando espazos naturais de gran beleza, cun rico patrimonio cultural e natural. O Camiño de peregrinación, entra na provincia de Ourense polo porto de Portela da Canda, municipio da Mezquita, e continua ata a vila da Gudiña, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Ourense, continuando por Cea ata que se penetra no do Deza. Entra na bisbarra polo Castro de Dozón, en cuxas proximidades se atopan o lugar de Mosteiro e a igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón, xoia do románico galego do século XII.

O camiño chega ao alto de Santo Domingo, onde entra en Lalín, cruzando a parroquia de Santiago de Catasós, pasando por Puxallos, e continuando ata Pontenoufe, A Xesta e Medelo. Segue o seu percorrido por Mesón de Cuñarro, Donsión, Empedrada e Prado. Dende Prado sae un desvío ata Nosa señora do Corpiño, igrexa barroca rica en retablos e imaxes.

A ruta cruza unha ponte medieval sobre o río Deza e pasa pola parroquia de Santiago de Taboada (Silleda) ata o núcleo de Silleda. Saíndo de Silleda, pasa polas localidades de o Foxo, Margaride e Chapa, e continua ata Bandeira, onde se penetra xa en localidades do concello da Estrada, continuando por Vedra e Boqueixón ata chegar a Santiago de Compostela.

VARIANTE SUR DO CAMIÑO FRANCÉS OU CAMIÑO DO INVERNO

É unha ruta interesante, non moi transitada, pero con certa tradición xacobea. Segundo os historiadores a Variante Sur do Camiño Francés o tamén chamado “Camiño de Inverno” foi unha ruta empregada principalmente como vía comercial e percorrida tamén por moitos peregrinos que a elixían para evitar subir ás cimeiras nevaradas do Cebreiro.

Arrinca o Camiño Francés en Ponferrada (León), para seguir por paraxes do Val do Sil, o Barco de Valdeorras e Petín (Ourense), a partir de onde se acontecen os vestixios e restos romanos de Montefurado. Continua a ruta por paraxes da Ribeira Sacra Lucense, e tras cruzar o rio Miño, por Belesar, a ruta sobe cara o Monte Faro, onde discorre xa por terras pontevedresas.

A ruta xa en Rodeiro, fai o seguinte percorrido, polo norte da Serra do Faro descéndese ao Val de Camba, ata a localidade de Río, pasando por Rodeiro, e Lalín onde se unirá á vía da Prata no lugar da Laxe (Lalin).

Ao longo destas dúas rutas de peregrinación, os camiñantes poderán comprobar a marabillosa acollida dos habitantes destas paraxes e gozar da fantástica oferta tanto de aloxamento (hoteis e casas rurais) como gastronómica.