gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

PROXECTOS DE COOPERACIÓN | CALIDADE TOTAL

Calidade total para un turismo competitivo e sostenible.

O sector turístico nos espazos rurais demostrou ter un importante carácter estratéxico no desenvolvemento, e máis concretamente, o seu valor como actividade económica diversificadora no medio rural, implica un conxunto de actuacións que asocian boa parte das actividades económicas locais. A un tempo, contribúe á creación de novas empresas con capacidade para xerar empregos entre as mulleres e os mozos, principalmente.

A tendencia da demanda obriga a establecer ofertas de turismo rural cada vez máis competitivas que esixen actuacións ben dimensionadas de definición dos destinos turísticos, de promoción e comercialización mediante unha oferta variada en diferentes territorios, que preserve modelos comúns de calidade e prestacións en puntos de acollida distinta.

Obxectivos xerais e específicos:

Fomentar e consolidar unha cooperación en materia de turismo de interior entre o GAL, coa finalidade de deseñar e establecer niveis de calidade axeitada á demanda actual.

Consolidar unha estrutura de traballo en rede común que integre promotores e a asociacións locais, capaz de autoxestionarse e lograr un funcionamento autónomo.

Desenvolver un esquema conxunto entre os diferentes empresarios turísticos dos territorios para mellorar a súa competitividade, tanto da oferta turística, en xeral, como dos servizos e iniciativas incluídas nas redes locais.

Impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os empresarios turísticos de cada un dos territorios participantes e dos territorios en si.

Memoria para un turismo competitivo e sostible memoria pdf