gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

ASEMBLEA XERAL

A asemblea xeral é o órgano supremo de goberno da asociación e está integrada por todos/as os/as asociados/as.

A asemblea xeral reunirase con carácter ordinario, polo menos, unha vez ao ano, e, con carácter extraordinario por convocatoria do presidente/a, ou cando o solicite un número de asociados non inferior ao 10%.

As asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando a elas concorran, presentes ou representados/as, a maioría dos/as asociados/as e, en segunda convocatoria, pasada media hora dende a fixada para a reunión en primeira convocatoria, calquera que sexa o número de asociados/as concorrentes. En tódolos casos deberá cumprirse que os votos do sector privado representen máis do 50% dos votos totais.

asamblea xeral