O  Grupo de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, abarca os concellos da Comarca co  mesmo nome, de: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, que contan, actualmente, cunha  poboación de 46.984 hab. (Datos IGE 2009), distribuídos en 1.026,7 km2.

 

Conflúen na  comarca os ríos Deza, Ulla, Arnego e os seus  afluentes, e o  encoro de Portodemouros,  faino un lugar emblemático e unha das  zonas máis apreciadas da Galicia interior. Na  Comarca atopámonos co espazo  natural Rede Natura “Ou Sobreiral do Arnego”,e outros  espazos naturais de interese como a Serra do Faro, a Serra do Candán e os Montes de Zobra, Fraga de Catasós, a Pena de Francia, as Cataratas  de Escuadro e de Toxa, as “brañas de Ramil” e os  Torrentes do Ulla. O territorio está tamén marcado polo sinal do Camiño de Santiago, na  súa variante da  Vía da Prata que travesa o Deza por Dozón, Lalín e Silleda, e o  Camiño de Inverno que entra na  Comarca polo  Alto do Faro en Rodeiro continuando por Lalín, onde morre ao conectar coa vía da Prata en Laxe, na  parroquia de Prado.



Dentro do Patrimonio Civil, facer referencia as  construcións denominadas “Pendellos”, que tiñan  como función servir de localización dos mercados e das feiras locais e comarcais, destacando os de Agolada.

Por outra banda, existe unha gran tradición de festas e feiras gastronómicas para a exaltación das producións locais, das que algunhas gozan dun gran auxe e popularidade. En Lalín, a Feira do Cocido; en Silleda a festa da Empanada de Bandeira e da  Tortilla de Laro; en Dozón a Festa da Carne ao Caldeiro de A  Gouxa; en Vila de Cruces a Festa do Galo de Curral e a festa do chourizo; a Festa da Caza en Rodeiro; A Festa do Porco cebado e lechón de Agolada, etc. Terra rica en contrastes, cores, cultura, paisaxes, gastronomía,  e situada estratexicamente,  fan da comarca un lugar ideal para visitalo e goza

 

          Feira nos Pendellos de Agolada -Último sábado de cada mes . Máis información en Novas.

 

   Horario atención ao público desde o 1 de outubro ata o  30 de maio:
   Mañás: 9 a 15 horas 
   Tardes:  luns e mércores de 16 a 18 horas.

 ( 13/05/2013 01:00 )
Feira nos Pendellos de Agolada:
 Día: Último sábado de cada mes.
Lugar: Os Pendellos de Agolada
  mais...
 
 ( 09/05/2013 01:00 )
Jornada Informativa Líneas de Financiación:
 Lugar: Aedeza (Lalín)
Data: 9 de maio
  mais...
 
 Área de Clientes
  
  
 

 
 
leader agader xunta ministerio feader
 | Nota Legal Design by Ofitiendas